Autor Tópico: [CD] A Roda - Onde Galicia é Portugal (1998) *fraty*  (Lida 496 vezes)

0 Membros e 1 Visitante estão a ver este tópico.

fraty

  • Reformado
  • *
  • Agradecimentos
  • -Dados: 8
  • -Recebidos: 10055
  • Mensagens: 5730
  • País: pt
  • Sexo: Masculino
  • nosce te ipsum
[CD] A Roda - Onde Galicia é Portugal (1998) *fraty*
« em: 19 de Agosto de 2015, 10:13 »
A Roda - Onde Galicia é Portugal (1998) *fraty*:guit:





:info:


Interprete : A Roda
Álbum : Onde Galicia é Portugal
Ano : 1998
Género : Folclore\Popular\Raízes
Ficheiros : 11
Codificação : MP3
Velocidade de Bits : 320
Qualidade : Boa
Extras : Sim



:tracklist:

01 - As pombinhas da Cat'rina
02 - As voltas do vigo
03 - Lévame
04 - Pezinho da vila
05 - Árdelle o eixe
06 - Lonxe da teriña
07 - Onde Galicia é Portugal
08 - Cantiga do Corrubedo
09 - Cantiga ó traballo
10 - Cantigas do viño
11 - Alalá de Padrón



:screenshots:

Clicar aqui para ver conteúdo escondido (Passar cursor para mostrar conteúdo)




:musica:

https://www.youtube.com/watch?v=9sZmZ4BYDE4&feature=youtu.be


:download:

 
:lu:


:notasdicas:

As palavras vieram do prório site do grupo (o seu a seu dono).
O grupo A Roda nace como tal en 1977, pois xa houbo intentos anteriores, unha historia nunca contada...
A Roda é un grupo de amigos, coñecidos, espontáneos, dun "eu pasaba por alí"... que se reunían a cantar arredor dunha mesa redonda, metonimia da roda, e metáfora do que anos atrás, moitos anos atrás inventou o Rei Artur e os seus cabaleiros.A taberna como xermolo primixenio, un lar con lume de gorxas férvidas, véxase a tasca da Viúva, a taberna do Eligio... e moitas outras pola zona de Vigo, era costume tomar unhas tazas, e cantar baixo os efectos narcóticos do líquido elemento.Un banquete totémico este ó carón do viño, dos chourizos... e por suposto cantigas do pobo, populares, da oralidade, do imaxinario colectivo nunca antes recompiladas, gravadas, inéditas en sentido estrito, ata que certo día, e coma nun conto, unha produtora con moi boa vista, decidiu estampar, acuñar para a posteridade e a eternidade aquel petróglifo en forma de vinilo con título homónimo A Roda.Premio da Crítica Galega, este disco logo se transformou nun superventas hiperenxebre, nunha icona xa do noso patrimonio material, pois aínda moitos o temos na casa. A raíz de aquí, aquela formación de amigos e coñecidos que se xuntaba de xeito esporádico e espontáneo tivo que convertirse nun grupo estable, consolidarse como banda sólida e artellar un organigrama conxunto e de conxunto. A partir de aquí, todo o imaxinable, medios de difusión, concertos, e deseguida dous novos discos, Falemos Galego(1979), coa inesquecible Foliada do Celta, e o terceiro disco Pra os amigos, así conclúe unha primeira etapa de éxito e bo facer.Moita xeografía galega no lombo e tamén moita Emigración, xa dende un primeiro momento A Roda viaxou por moitos dos países onde había un galego (máis ben en todos), así por exemplo: Venezuela, México, Panamá, Arxentina, Bélxica, Inglaterra, Alemania... en todos se escoitou unha cantiga do país.Do mesmo xeito cómpre mencionar os múltiples premios, recibidos en todos estes anos, a Huaca de Ouro (Panamá), a Vieirade Prata (Orde da Vieira), Premio á Traxectoria Profesional (Luar)...Coma sempre na historia, chegou o oscurantismo dos séculos, neste caso anos escuros, onde A Roda non se prodigou precisamente no ámbito discográfico, malia seguir en activo iso si, e así o demostran os centos de concertos por toda a nosa xeografía. Así ata chegar a Os Mariñeiros(1990), o cuarto disco da formación, xa con nova xente no grupo. Un cambio de perspectiva, de concepción, e tamén a profesionalización definitiva, baixo o xiro constante do eixe desta roda: Fito.Títulos como: Eu teño un compadre (1992); A roda rodando (1993); Os quintos (1995); Lembranzas (1995); Na branca noite (1996); Onde Galicia é Portugal (1998); R.C. Celta-A Roda (1999); O son do camiño (2004); A Roda alalá adorA (2006), ademais doutros, dan boa conta do estilo que caracterizou á formación nestes anos.Como punto de inflexión nesta andaina, podemos dicir que A Roda ampliou o seu horizonte de posibilidades, tanto no eido instrumental, como compositivo, ó conceder espazo a propia creatividade, composicións autógrafas, melodías exclusivamente instrumentais, musicacións de poemas...Deste xeito chegamos a dar outra volta A Roda, ou outra volta de Roda, circunvolución, daquel berce, celme, xene ou xerme tabernario ata este novo Pousa Pousa sideral, estelar, no espazo, un punto, o pouso que deixa o viño na cunca cova cóncava, o pouso pouso.Un rodar constante, dunhas rodeiras inmorredorias de futuro devir...Pero iso será outra historia.

jammv24229

  • Power Member
  • Reformado
  • *
  • Agradecimentos
  • -Dados: 0
  • -Recebidos: 1040
  • Mensagens: 5470
  • Sexo: Masculino
Re: [CD] A Roda - Onde Galicia é Portugal (1998) *fraty*
« Responder #1 em: 20 de Agosto de 2015, 17:23 »
Obrigado pela partilha.